A asociación de investigadores, técnicos e tecnólogos Precarios-Galicia ten a finalidade de defender os intereses do colectivo investigador galego. Reivindícase o recoñecemento dos dereitos laborais e sociais de todos os traballadores da investigación e unha carreira investigadora digna e ben estruturada, na que se poida ascender e lograr a estabilidade se se cumplen satisfactoriamente uns obxectivos marcados a priori. En Precarios-Galicia apostamos por un modelo económico baseado na I+D+i e reclamamos unha maior competitividade e mellor xestión dos centros de investigación galegos.
Para estar ó tanto do que sucede a nivel estatal, recomendámosche que visites a páxina da Federación de Jóvenes Investigadores (FJI/Precarios), da que Precarios-Galicia forma parte, xunto a outras asociacións de investigadores de ámbito local ou autonómico.
Se estás interesado en formar parte de Precarios-Galicia fai click aquí
