Desde Precarios-Galicia querémosvos facer chegar este escrito solicitando a convocatoria dos programas de Recursos Humanos do Plan Galego de I+D+i. Trátase simplemente dun modelo que podedes adaptar como vos pareza máis apropiado.
A idea é simple: facer chegar a nosa voz á Xunta. Para iso tedes que presentar este escrito cos vosos datos nun rexistro oficial (máis abaixo tedes as direccións de Santiago, A Coruña, Vigo e Pontevedra pero pódese presentar en calquera rexistro da administración autonómica ou estatal e nalgúns concellos); tamén é válido presentalo nunha oficina de Correos (hai que levar o sobre aberto para que o funcionario do servizo postal sele o escrito antes de pechar o sobre).
Importante:
1- O recomendable é que se presenten dous escritos: un dirixido ao conselleiro e outro ao director xeral de I+D+i (modificade o pé de páxina indicando a quen vai dirixido).
2- Levade tamén copias de cada un dos escritos para que vos selen a vosa copia no rexistro para os vosos arquivos.
+Santiago de Compostela
Servizos Centrais da Xunta de Galicia,
San Caetano s/n
15781
Rúa Doutor Teixeiro, 26, entreplanta,
15701
Rúa dos Feáns, Nº 7, baixo
15706
+A Coruña
Edificio Administrativo de Monelos
Praza Luis Seoane, s/n
15071
+Vigo
Concepción Arenal, 8
36201
+Pontevedra
Edificio Administrativo da Xunta
Campolongo
