Precarios-Galicia » Notas de Prensa

Os investigadores, tras a reunión en Ons: “A ausencia dun plan galego de investigación suporía unha catástrofe”
Investigadores galegos que traballan en centros españois e estranxeiros déronse cita na illa de Ons a pasada fin de semana para debatir sobre o futuro do sistema galego de investigación. A convocatoria foi realizada pola asociación de investigadores, técnicos e tecnólogos Precarios-Galicia.

A gran preocupación dos investigadores galegos é a falta de información sobre a posible renovación do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2006-2010 (INCITE), que remata o próximo mes de decembro. Este plan supón na actualidade unha importante aposta pola investigación, pero necesita de melloras para ser máis ambicioso e sacar un maior aproveitamento da alta rentabilidade do investimento en I+D+i.

Dende Precarios-Galicia solicitáronse xa varias reunións co goberno autonómico para tratar este tema, e ningunha recibiu resposta. Pasado case un ano e medio da toma de posesión do Conselleiro de Economía e Industria e a escasos catro meses de que remate o INCITE, a comunidade científica non conta con ningún documento oficial sobre un futuro plan galego de investigación.

Os investigadores tamén descoñecen cando se creará a tan anunciada axencia galega de innovación. Esta axencia anunciouse como “de I+D+i” en setembro de 2009 para pasar a ser soamente “de innovación” uns meses despois. Por último, e segundo publica hoxe algún xornal citando un documento da Consellería de Economía e Industria, dita axencia volvería a ser de I+D+i. Ante a confusión xerada pola Xunta e as súas vagas declaracións de intencións, os investigadores anuncian que non consentirán reduccións da inversión en I+D+i. A falta de iniciativa do executivo autonómico para poñer en marcha un plan á altura do INCITE suporía unha catástrofe no eido científico galego e, de producirse esta situación, non se descarta a convocatoria de mobilizacións por parte do colectivo.

A inversión en ciencia debe ser continuada, e non dependente de ciclos políticos. Non é unha estratexia intelixente investir durante anos para deixar despois moitos proxectos sen rematar e ter que importar o coñecemento e a tecnoloxía dende outros países que sí apostan pola investigación como motor da economía. Por outra banda, dende Precarios-Galicia insístese en que non ten sentido formar a milleiros de investigadores durante varios anos para que, cando están no seu momento de máis alta produtividade, traballen no estranxeiro pola falta de emprego na comunidade.

Precarios-Galicia reclama á Xunta de Galicia información, diálogo, e un plan galego de investigación sólido para os vindeiros anos que mellore o INCITE. Por último, os investigadores piden unha mellor xestión dos centros de investigación galegos e recordan a importancia que a investigación básica ten a medio e longo plazo.

INVESTIGADORES GALEGOS REÚNENSE NA ILLA DE ONS PREOCUPADOS POLO FUTURO DO PLAN INCITE
- Existe unha grave preocupación no colectivo pola falta de novas sobre a renovación do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (INCITE), que remata en decembro.

- O INCITE foi un dos mellores plans de investigación do estado español, e supuxo unha importante mellora nas condicións laborais dos investigadores predoutorais e posdoutorais durante os últimos anos.

- Os investigadores teñen previsto organizar en Ons un café científico e varias rutas de sendeirismo pola illa. Ademais, debatirán sobre as próximas accións a levar a cabo en defensa do sistema galego de I+D+i.

Investigadores galegos de diversos centros españois e europeos xuntaranse na illa de Ons esta fin de semana na primeira acampada organizada pola asociación de investigadores, técnicos e tecnólogos Precarios-Galicia. Este evento contará coa participación de investigadores galegos que realizan a súa labor no estranxeiro e desfrutan durante estes días das súas vacacións na nosa comunidade.

Preocupa moito no colectivo a gran incerteza causada pola ausencia de convocatorias de axudas para recursos humanos de investigación por parte do goberno autonómico. Estas axudas estaban dentro do plan INCITE, que remata en decembro, e sobre o que o executivo non aclarou aínda a súa renovación. O INCITE foi un dos mellores plans de investigación do estado español e supuxo unha importante mellora nas condicións laborais dos investigadores predoutorais e posdoutorais durante os últimos anos. Del depende o futuro de centos de investigadores galegos e do propio sistema galego de investigación, polo que a súa desaparición resultaría nunha nova marcha de investigadores moi cualificados cara outros países europeos e norteamericanos.

Durante a fin de semana Precarios-Galicia organizará en Ons varias actividades abertas ao público: unha charla informativa sobre a asociación -o sábado pola mañá- e un café científico -o sábado á noite-. Ademais, realizaranse varias rutas de sendeirismo pola illa e celebrarase unha reunión na que se debatirán as próximas iniciativas a levar a cabo en defensa do sistema galego de I+D+i.

PRECARIOS-GALICIA PRESÉNTASE ÁS ELECCIÓNS DE REPRESENTANTES DE CLAUSTRO DA USC.
A asociación de investigadores, técnicos e tecnólogos Precarios-Galicia vén de presentar as súas candidaturas para as eleccións de representantes de Claustro da USC nas modalidades de “Outro PDI contratado” e “Investigadores en formación”.

En total son tres as candidaturas que Precarios-Galicia presenta para poder ter voz e voto no Claustro Universitario e, polo tanto, poder tomar parte nas decisións dos órganos de goberno da USC, especialmente nas que abrangan ao colectivo relacionado coa investigación. Actualmente estamos mantendo reunións cos candidatos a Reitor/a da USC para saber cales seran as súas liñas de actuación en caso de saíren elixidos.

De cara a estas eleccións, Precarios-Galicia traballará e loitará por que se cumplan os seguintes obxectivos:

•	Substitución completa das bolsas por contratos, con especial atención por que desaparezan os investigadores sen remuneración (sen papeis): toda persoa que desempeñe o seu traballo de investigación na USC, deberá ter un contrato.

•	Información clara e veraz e solución da precaria situación do persoal investigador en formación e perfeccionamento con cargo a proxectos de investigación na USC.

•	Mellora sustancial e inclusión de todo o persoal investigador en formación e perfeccionamento na normativa para a prevención de riscos laborais da USC.

•	Obrigatoria adscripción dos contratos predoutorais á categoría de PDI. Actualmente esta figura é considerada PAS, carecendo dos dereitos do PDI, como por exemplo concurrir ás eleccións dentro do grupo de “investigadores en formación”.

•	Elaboración e aprobación do Estatuto do investigador en fase inicial da USC.

•	Establecemento dun mecanismo e órgano dentro da USC de arbitraxe nos conflitos entre doutorandos e directores de tese.

•	Deseño dunha carreira investigadora na USC coherente co EEES e o EEI.

Ademais, Precarios-Galicia propoñerá unha serie de medidas que considera primordiais para o colectivo investigador e técnico da USC:

•	A inclusión no convenio colectivo dos investigadores en formación e perfeccionamento contratados con cargo a un proxecto de investigación na USC.

•	Eliminación das bolsas BC, BII e BAi por encubriren postos de traballo na USC.

•	A transparencia nas convocatorias da USC: anuncios públicos nun repositorio centralizado, prazo suficiente para a presentación da documentación por parte dos candidatos, baremos previos detallados e resolución a través dunha comisión.

•	Axilización dos trámites de matrícula de posgrao e doutoramento e do sistema de xestión de persoal, de modo que se eviten retrasos de meses na formalización de documentos e inconvenientes como a cancelación de tarxetas de identidade universitaria ou contas de correo pola discontinuidade entre contratos.

O compromiso coa dignificación da carreira investigadora e a eliminación da precariedade laboral dos mozos/as investigadores na Universidade de Santiago, lévanos a presentarnos novamente ás eleccións a representantes no Claustro da USC. Esta é unha oportunidade clave para comezar unha nova e mellor etapa para os investigadores en fase inicial na USC! É por iso polo que, se pertences a un dos dous colectivos da USC aos que nos presentamos, pedímosche que o 5 de maio votes á asociación de investigadores, técnicos e tecnólogos Precarios-Galicia.

A XUNTA DE GALICIA ATRASA OUTRA VEZ O PAGAMENTO DAS BOLSAS DE PRÓRROGA DE 3º CICLO E DE MÁSTER UNIVERSITARIO
A asociación Precarios-Galicia e os afectados/as por esta situación irregular queren denunciar unha vez máis a precariedade á que se ven sometidos os investigadores/as de 3º Ciclo e de Máster Universitario: a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria non cumpre cos pagamentos mensuais das bolsas correspondentes destes doutorandos/as.

Desde a asociación de investigadores Precarios-Galicia queremos facerlle chegar á sociedade unha serie de irregularidades que se están cometendo coas bolsas de prórroga de 3º Ciclo e Máster da Xunta de Galicia. Non é a primeira vez que hai problemas con estas bolsas, como Precarios-Galicia xa denunciou noutras ocasións.

Nas convocatorias das bolsas de nova adxudicación para a realización de estudos de Terceiro Ciclo e Máster universitario nas universidades do Sistema Universitario Galego (SUG) do curso académico 2008-2009, especificábase claramente que o pagamento das mesmas sería mensual, pero tras a súa finalización, debemos indicar que o pagamento mensual foi efectivo só en tres ou catro ocasións. O resto de pagamentos sufriron atrasos de un mes ou, incluso, dous.

Nas correspondentes convocatorias do presente curso académico 2009-2010, no artigo 9 volve especificarse que o pagamento será mensual, pero estamos xa case a mediados de decembro e a mensualidade correspondente a outubro aínda non foi efectuada. Parece polo tanto que o problema do curso pasado cos pagamentos estase reproducindo este ano novamente.

Os afectados por esta situación, vendo que se estaba a cometer unha reiterada omisión dos seus dereitos,  decidiron poñerse en contacto coa Xunta, tendo como única resposta a de “hai unha gran acumulación de expedientes e non temos persoal para realizar as tramitacións”.

Por culpa desta situación irregular de atraso nos pagamentos, 87 doutorandos atópanse nunha situación de indefensión, na que ninguén lles proporciona unha explicación razoable ou, o que é máis importante, unha solución. Precarios-Galicia non pode tolerar esta demora continua nos pagamentos que lles corresponden por dereito aos beneficiarios das bolsas. Todos eles están pasando por unha situación moi incómoda e bastante asfixiante: é o único ingreso do que dispoñen, e a pesares de que o seu traballo non está considerado legalmente como tal, non se lles permite percibir ningún tipo de salario como está recollido nas bases das convocatorias.

Por estas razóns, Precarios-Galicia solicítalle á Xunta de Galicia a posta ao día dos pagamentos e o firme compromiso de cumprir coas convocatorias de aquí en diante.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2009

Noticia no Faro de Vigo

Noticia na Voz de Galicia

Noticia na Opinión de A Coruña (é a mesma que a do Faro de Vigo)

Cristina Garmendia: mentiras, malditas mentiras y estadísticas
Último comunicado da Federación de Jóvenes Investigadores – Precarios (FJI-Precarios):

Cristina Garmendia: mentiras, malditas mentiras y estadísticas

Las últimas declaraciones ministeriales sobre el supuesto aumento de la inversión en I+D+i para el año 2010 son un insulto a todos los investigadores. FJI/Precarios exige al Gobierno el fin del doble discurso, es imprescindible un compromiso serio y decidido con la investigación en España

La Ministra de Ciencia e Innovación, Dra. Cristina Garmendia, declaró en el Pleno del Congreso del miércoles 18 de noviembre que las estadísticas del INE demostraban que el PSOE había dedicado más dinero a la I+D+i en 4 años que el PP en 8 (1). La ministra Garmendia ha debido olvidar la cita del primer ministro del Reino Unido, Benjamín Disraelí, que decia “Hay tres tipos de mentiras: mentiras, grandes mentiras y estadísticas”. Es necesario recordar que no hay nada más perverso que falsear la realidad para engañar a los ciudadanos. La realidad es que el incremento del PIB en I+D+i durante el periodo 2004-2008 ha sido del 64%, menos de la mitad del que se realizó en el período 1996-2004, que fue del 132%. Tras más de 5 años de Gobierno de José Luis Rodríguez Zapatero, es hora de que empiecen a argumentar con méritos propios y no con deméritos ajenos. Es insultante que la ministra Garmendia quiera olvidar que esas mismas cifras demuestran que la inversión española en I+D+i está en el 1’35% del PIB, muy lejos del 2% que el programa electoral del PSOE del 2004 marcaba como objetivo para el año 2010 (2) y a la altura de grandes potencias europeas como Estonia (3).

Los anunciados recortes presupuestarios en Ciencia (inicialmente, un 37% (4)) consiguieron unánimes protestas de la comunidad científica y la sociedad en general (5). La reacción del Gobierno a este tijeretazo, criticado incluso por el propio ministro de Educación (6), ha sido la de maquillar las cifras, manteniendo contra viento y marea que existe una subida minúscula, del 0’29%, cuando la realidad es que el Presupuesto correspondiente a Operaciones no Financieras (capítulos I a VII) disminuye un 14,6%. El análisis de las partidas presupuestarias de I+D+i revela una gran subida en partidas financieras para créditos y préstamos (62%), pero una bajada espectacular en los gastos corrientes o servicios (-61’8%) o en el cap. VI (-25%), de donde beben, entre otros, muchos programas de recursos humanos. A este respecto, cabe señalar que ya este año ha habido un brutal recorte en la oferta de empleo público en investigación (7) y que, tanto el 2008 como el 2009, el Ministerio ha ofertado sólo la mitad de las ayudas postdoctorales de otros años.

Por ningún lado, además, se observan propuestas para optimizar el gasto público en I+D+i, mejorar la ejecución presupuestaria de las partidas, limitar la estúpida burocracia que impide que los grupos aprovechen plenamente los recursos obtenidos, programar las convocatorias y agilizar su resolución, para que los investigadores puedan rendir al máximo, etc. Por fin, la última medida del Gobierno, el Plan Innpulso, no es sino una Opera Buffa que incluye como ayudas a la investigación la construcción de carriles-bici o la ampliación de vertederos (¿será para ubicar a los investigadores Ramón y Cajal que acaban su contrato y se van a la calle?) (8) Es imprescindible que el Gobierno de José Luis Rodríguez Zapatero se deje de fuegos artificiales. Es constatable que las economías que han invertido en I+D+i son las que han obtenido un crecimiento más sólido y sostenido y son las mejor preparadas para afrontar la famosa crisis. El Gobierno lo reconoce, finge que se interesa, pero realmente no hace nada al respecto. FJI/PRECARIOS exige que el Sr. Zapatero decida si le interesa el Ministerio de Ciencia e Innovación más que como un jarrón con flores marchitas y la Dra. Garmendia si quiere ejercer de florero al que han amputado toda la parte de Universidades, segmentado la gestión global de la Carrera Investigadora, apartado de la negociación de asuntos importantes y con su tema estrella, la Ley de la Ciencia (9), paralizado desde hace meses. NO ES POSIBLE UNA ECONOMÍA SOSTENIBLE SIN INVERTIR EN CIENCIA

(1) http://www.elmundo.es/elmundo/2009/11/18/ciencia/1258547446.html

(2) p.167,disponible en http://www.psoe.es/download.do?id=37214

(3) http://epp.eurostat.ec.europa.eu/cache/ITY_PUBLIC/9-08092009-AP/EN/9-08092009-AP-EN.PDF

(4) http://www.elpais.com/articulo/sociedad/Gobierno/recortara/presupuesto/I/D/mitad/previsto/elpepisoc/20090924elpepisoc_6/Tes

(5) http://aldea-irreductible.blogspot.com/2009/10/la-ciencia-en-espana-no-necesita.html

(6) http://www.elpais.com/articulo/sociedad/Gabilondo/cree/inquietantes/recortes/Ciencia/elpepusoc/20091001elpepusoc_11/Tes

(7) http://www.elmundo.es/elmundo/2009/11/11/ciencia/1257932808.html

(8) http://precarios.org/tiki-index.php?page=Art%C3%ADculos+de+Opini%C3%B3n

(9) http://www.elpais.com/articulo/sociedad/Ley/Economia/Sostenible/deja/aire/Ciencia/elpepisoc/20090917elpepisoc_13/Tes

¡MOBILIZACIÓNS POLA CIENCIA EN ESPAÑA!
Último comunicado da Federación de Jóvenes Investigadores – Precarios (FJI-Precarios):

¡MOVILIZACIONES POR LA CIENCIA EN ESPAÑA!

La Federación de Jóvenes Investigadores – PRECARIOS llama a toda la comunidad científica a movilizarse en DEFENSA DE LA CIENCIA EN ESPAÑA

La Federación de Jóvenes Investigadores – PRECARIOS (http://www.precarios.org) decidió en su XVII Asamblea General Ordinaria, celebrada en Madrid los días 24 y 25 de octubre de 2009, hacer un llamamiento A TODA LA COMUNIDAD CIENTÍFICA para realizar una movilización general en DEFENSA DE LA CIENCIA EN ESPAÑA.

La economía mundial de los últimos años nos ha situado a todos frente a un escenario de crisis generalizada. Estos sucesos han puesto de manifiesto que sólo una ECONOMÍA BASADA EN EL CONOCIMIENTO puede proporcionar la solidez suficiente para resistir los envites de la crisis. La apuesta decidida por la innovación, la investigación y el desarrollo es el pilar de futuro de una sociedad que avanza.

En España, la irresponsabilidad gubernamental tiene drásticas consecuencias para la comunidad científica. Los continuos mensajes abogando por que la CIENCIA sea la impulsora de la nueva economía en el futuro se han diluido ante la realidad. La I+D+i ha sido la primera defenestrada, demostrándose una vez más la escasa importancia real que se le da a la investigación, y la hipocresía total del Gobierno que, siguiendo su costumbre, promete pero no cumple con esta comunidad. Los investigadores estamos hartos de esta situación de constante minusvaloración, de ser banderín de enganche en todo proceso electoral y luego, durante tres años y medio, no ser NADA. Los Presupuestos Generales del Estado para 2010 son una clara muestra del desprecio por la ciencia. Los escandalosos recortes afectan a todos los científicos: los que perderán su trabajo, los que no lo renovarán, los que asistirán a la merma de sus presupuestos, y los que verán cómo sus colaboradores se van a la calle. El avance de nuestro sistema científico puede verse quebrado.

La Unión Europea planteó en 2005 las bases comunes de toda política científica sobre Recursos Humanos (Carta Europea del Investigador (1)). En el Tratado de Lisboa, todos los países miembros de la UE acordaron incrementar los recursos e invertir al menos el 3% del PIB en I+D+i para 2010. De esta forma, se intenta lograr una sociedad competitiva con base innovadora y tecnológica. Sin embargo, España nunca ha pasado del 1,3% del PIB en I+D+i, ha ignorado la Carta Europea del Investigador, con un Anteproyecto de Ley de la Ciencia que propugna el Estado de Excepción en lo laboral, y ha creado un Ministerio de Ciencia e Innovación mutilado en sus competencias.

Por estos motivos, llamamos a la movilización a toda la comunidad científica, e invitamos a las asociaciones de investigadores y sindicatos a convocarla junto a nosotros, para exigir que definitivamente se nos dé la oportunidad de ser el motor de una auténtica economía basada en el conocimiento y la innovación.

(1) http://www.precarios.org/tiki-index.php?page=Carta+Europea+del+Investigador

A XUNTA REDUCE EN DOUS ANOS UN 64% DAS BOLSAS E CONTRATOS PARA INVESTIGADORES E TECNÓLOGOS
- A recente saída convocatoria do INCITE (Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica) confirma que para o Goberno Autonómico o I+D+i non é prioritario.

- Precarios Galicia pídelle á sociedade galega que apoie futuras mobilizacións en favor da investigación na nosa Comunidade Autónoma.

Os centros de investigación de Galicia dependen en gran medida das bolsas e contratos que a Xunta de Galicia saca a concurso público cada ano, destinados aos investigadores noveis nas primeiras etapas da súa carreira (bolseiros/as de mestrado, contratados/as predoutorais e postdoutorais) e persoal técnico.

Despois de que a Secretaría Xeral de Universidades viñese de suprimir a convocatoria de bolsas para investigadores/as en etapa de mestrado universitario], o venres pasado saíu publicado no DOG a convocatoria de axudas para a contratación de Recursos Humanos do INCITE. Esta convocatoria non fai máis que confirmar que para o Goberno Autonómico o I+D+i está lonxe de ser unha prioridade.

No ano 2007, o Sistema Galego de I+D+i contaba con 644 bolsas ou contratos para investigadores e persoal técnico, dependentes da Secretaría Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación. Dous anos máis tarde atopámonos con 414 bolsas e/ou contratos menos, o que supón unha importante porcentaxe do número total do persoal investigador na nosa Comunidade Autónoma, concretamente unha redución do 64%.

Como se pode observar na gráfica, o recorte desta nova convocatoria do INCITE non é algo novidoso, pois desgraciadamente xa vén ocorrendo desde a implantación do mesmo no ano 2007. Obsérvase un descenso brusco nalgunhas axudas de ata o 51% (caso das Lucas Labrada, para persoal técnico) ou do 44% (caso das Parga Pondal, contratos destinados a estabilizar a investigadores posdoutorais en centros de investigación de Galicia).

Precarios Galicia non comprende por qué o Goberno Autonómico desatende o incipiente Sistema Galego de I+D+i, e reduce dunha forma tan considerable o número de mozos/as investigadores/as da nosa Comunidade Autónoma. Dende Precarios Galicia pensamos que a Xunta non considera a inversión en I+D+i como unha receita de futuro contra a crise económica. Criticamos duramente a redución drástica de investigadores que supón a nova convocatoria de Recursos Humanos do INCITE, e pedímoslle á sociedade galega que apoie as mobilizacións que se levarán a cabo durante este outono en favor da investigación galega.

A Asociación de investigadores Precarios Galicia traballa desde o ano 2001 pola implantación dunha carreira investigadora digna, ben estruturada e baseada na excelencia científica. Apostamos por un modelo económico sustentado no I+D+i, e defendemos os dereitos sociais e laborais do persoal de investigación e técnico dos centros de investigación galegos. Precarios Galicia pertence á Federación de Jóvenes Investigadores – Precarios.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2009

Campaña Why you should join us
Non deixes de botarlle unha ollada á nova campaña de información de Precarios Galicia… descárgate o noso último PAPER premendo aquí.

A XUNTA DE GALICIA SUPRIME AS BOLSAS DE INVESTIGACIÓN PARA ESTUDANTES DE MESTRADOS UNIVERSITARIOS QUE INICIAN A CARREIRA INVESTIGADORA
A asociación Precarios-Galicia quere denunciar unha vez máis a precariedade do sistema galego de I+D+i. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén de suprimir a convocatoria de axudas para investigadores/as na etapa de Mestrado Universitario (equivalente ás antigas axudas de 3º Ciclo).

A Carta Europea do Investigador (aprobada pola Comisión Europea) sinala que un investigador é un traballador dende o inicio da súa carreira investigadora, isto é, a partir da obtención do título de Grao ou Licenciatura. Non obstante, a Xunta de Galicia seguíu negándolle este estatus ós investigadores durante a lexislatura anterior.

A situación está a empeorar dramáticamente nesta nova lexislatura, xa que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén de suprimir as bolsas de investigación para estudantes de mestrados universitarios a poucos días do inicio do curso académico, segundo nos confirmaron os funcionarios da Secretaría Xeral de Universidades.

En plena crise, cando moitos países priorizan o I+D+i, a Xunta aposta por unha política de menos investigadores, ou cando menos, de menos investigadores remunerados. En definitiva, apóstase pola precariedade e o incumprimento da Carta Europea do Investigador, o que consideramos que en ningún caso axuda a saír da situación actual de crise económica, nin supón un aforro de cartos considerable para a Administración Autonómica. Sen embargo, máis de 150 investigadores/as en etapa inicial quedarán sen retribución durante o novo ano académico gracias a esta iniciativa do Goberno da Xunta, o que sí supón un revés importante para a investigación galega.

Cando outras comunidades autónomas como Madrid e Castela e León, tamén gobernadas polo Partido Popular, apostan por programas predoutorais de catro anos de contrato con tódolos dereitos laborais, na nosa comunidade apóstase xusto polo contrario: a supresión de axudas nunha etapa crucial para a captación de recursos humanos no noso tecido de I+D+i.

Precarios-Galicia espera unha rectificación desta medida que consideramos errónea, inoportuna e retrógrada para o desenvolvemento de Galicia. Así mesmo, non descartamos levar a cabo mobilizacións nos próximos días, de non seren restablecidas as citadas bolsas de investigación en termos que igualen os dereitos dos mozos investigadores galegos ós do resto do estado español.

Por outra parte, esta asociación quere denunciar que na reunión levada a cabo a principios de xullo entre o Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, o Secretario Xeral de Universidades e varios membros de Precarios-Galicia, afirmouse que estas axudas non se ían suprimir, e que calquera modificación sería consultada coas asociacións de investigadores. A día de hoxe, ningún cargo da Consellería se puxo en contacto coa asociación Precarios-Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2009

Carta aberta os diversos partidos políticos que se presentan as próximas eleccións galegas
Estimada/o amiga/o:

Dende a asociación de persoal investigador Precarios-Galicia queremos manifestarlle o noso pesar pola insuficiente situación do sistema de I+D+i da nosa Comunidade e participarlle unha serie de medidas que consideramos urxentes para a mellora da estrutura de investigación galega, de modo que

poida igualar e superar sistemas xestionados por outras Comunidades Autónomas ou polo Goberno central.

Consideramos que, inda que a xestión da I+D é un tema pouco visible a efectos electorais, este é un campo prioritario para o noso país, decisivo para a solidez económica nestes momentos de crise e necesario para acadarmos un futuro próspero a medio e longo prazo. Por isto, pedímoslle que tome a determinación de adoptar medidas indispensables, como as que aquí presentamos:

Unificación baixo un mesmo organismo de todas as axudas de financiamento de Recursos Humanos ofertadas polo goberno autonómico. Actualmente a situación é especialmente complicada a nivel predoutoral, pois non hai un único programa de axudas para toda a etapa, senón que está dividido en dúas fases (axudas de Terceiro Ciclo e axudas Predoctorais-programa María Barbeito), que dependen de dúas consellerías distintas (Consellería de Educación e Consellería de Innovación e Industria), o que xera inconvenientes notables para os solicitantes (heteroxeneidade de condicións, desaxustes entre

convocatorias, reiteración de solicitudes, etc.).

Modelo 0+4 para a contratación de investigadores predoutorais. Actualmente, os dous primeiros anos subsídianse en forma de bolsa, o que implica recortes nas prestacións sociais e unha negación dos dereitos laborais básicos de calquera traballador. A Carta Europea do Investigador, aprobada pola Comisión Europea, sinala que un investigador é un traballador desde o inicio da súa carreira, pero a Xunta de Galicia segue negándolle ese status, a diferenza doutras CCAA, como a Comunidade de Madrid.

Equiparación salarial dos investigadores coa remuneración doutros titulados superiores na administración pública. Os investigadores son persoas con titulación superior (licenciados ou doutores), pero, especialmente nas súas primeiras etapas, cobran moito menos có persoal fixo da Administración con titulación equivalente. Así, por poñer só dous exemplos, un doutorando financiado co programa María Barbeito, cun mínimo de 2 anos de experiencia, cobra algo máis de 1000 € mensuais, mentres que un profesor de ensino secundario, tamén licenciado, sobrepasa os 1700. Do mesmo modo,  os aproximadamente 1400 € mensuais dun investigador Ángeles Alvariño están moi lonxe dos case 1900 € que cobra un profesor axudante doutor na USC. É especialmente chocante o ridículo salario percibido polos investigadores predoutorais no seu primeiro ano, 600 €, fronte ós case 1200 € dos doutorandos financiados polo goberno central.

Creación de programas de axudas-ponte que cubran os baleiros existentes entre a finalización dunha determinada axuda e a concesión doutra, que ás veces poden chegar a ser superiores a medio ano e que obedecen á mala coordinación entre os organismos que promoven as diferentes convocatorias. Estas axudas-ponte, existentes noutras comunidades, deberán outorgarse ás persoas que fosen avaliadas positivamente nos seus postos anteriores.

Mellorar o financiamento dos grupos de investigación. Debe finalizarse coa duplicación de axudas, co fin de optimizar os recursos existentes. Debe aumentarse a capacidade dos grupos de xestionar recursos humanos directamente, co fin de axilizar as contratacións, capacidade que deberá vir acompañada dun sistema de avaliación dos resultados, para garantir un uso eficaz das axudas públicas.

Creación dun portal da I+D+i galega, que sirva de foro unificado para a oferta de emprego en investigación (actualmente disperso en ducias de páxinas distintas) e de lugar de orientación que atenda as necesidades dos investigadores galegos en todos os aspectos: anuncio de cursos de formación, de xestión de proxectos, asesoramento para a creación de empresas de I+D, rexistro de investigadores de Galicia de fácil manexo e utilidade, etc. Fomentarase a difusión estatal e internacional das convocatorias e a competitividade entre organismos, para a captación dos mellores candidatos.

Fomento da investigación na empresa. É preciso fomentar e mellorar a relación entre a empresa e a universidade, dun modo transparente e que evite que se utilicen os servizos públicos en beneficio privado. Para o desenvolvemento económico de Galicia é indispensable unha maior inversión das empresas nos seus sistemas de I+D. Cómpre que a Administración fomente esta implicación dos empresarios: promover a creación de cooperativas para crear plataformas de I+D+i conxuntas; fomento de programas para desenvolver investigación en empresas; xornadas ou recursos electrónicos que poñan en contacto os diferentes grupos e centros de investigación con empresarios interesados, etc.

A adquisición pola Xunta de Galicia de maiores competencias en materia de Inspección de Traballo deben traducirse nunha política activa de eliminación de irregularidades na investigación e protección do persoal investigador. A Xunta de Galicia permite que os organismos de investigación –moitos deles dependentes directamente da administración autonómica- convoquen bolsas (na maioría dos casos, sen ningún dereito social ou laboral) para cubrir postos de traballo ou ata permite que xente desempregada ou sen financiamento estea desenvolvendo actividades de investigación. Propoñemos que a Xunta, a través da Inspección de Traballo ou en colaboración con ela, inicie unha campaña de detección de situacións ilegais na investigación e que vele pola seguridade no traballo obrigando aos centros de investigación a integrar a todo o persoal nos plans de formación e de prevención en materia de seguridade e riscos laborais.

A Xunta de Galicia non pode subsidiar directa ou indirectamente centros que atentan contra a dignidade dos seus traballadores subsidiándoos con bolsa. As bolsas de investigación (con excepción das destinadas a facer o doutoramento, que teñen unha serie de dereitos limitados) supoñen que os seus beneficiarios non cotizan á Seguridade Social, non teñen dereito á prevención en riscos laborais, non teñen garantida unha cobertura en caso de accidente, non poden ter permiso de maternidade ou vacacións salvo que a convocatoria o recoñeza explicitamente, etc. A administración pública consente esta situación e, en non poucos casos, foméntaa, convocando bolsas para investigar, xestión da investigación, etc.

As axudas públicas para a contratación ou mobilidade de investigadores teñen que ter baremos xustos e equitativos onde primen os criterios científicos. En particular, quérese denunciar que nas últimas convocatorias de recursos humanos promovidas pola Dirección Xeral de Investigación houbo casos en que se baremaron de modo esaxerado méritos que nada tiñan que ver co currículo académico, como por exemplo a presentación en prazo de toda a documentación (cando ás veces non depende do solicitante, senón da dilixencia doutros organismos en fornecer certificados, acreditacións, etc.).