A investigación en Galicia, D.E.P. Fai que isto non sexa unha realidade!

11 de Decembro do 2010 Joaquin Públicado en Actividades 3 Comentarios »

(fai click aquí para descargar o cartaz)

Información sobre a protesta que se levará a cabo detrás da Xunta (fronte á estación de autobuses) en Santiago de Compostela o xoves día 16 de decembro ás 12:00 h.

No período 2006-2010 a investigación galega experimentou un importante empuxe gracias ó plan INCITE, un programa de recursos humanos pioneiro en España, que sentaba as bases para unha carreira investigadora digna e ben estructurada, na que, cumplindo uns obxectivos de excelencia marcados a priori, os investigadores podían acadar a estabilización laboral nun período de tempo razoable. O goberno de Feijóo, tras ano e medio no poder, decidiu non darlle continuidade a este plan, e a día de hoxe (a menos dun mes do seu remate), segue sen propoñer alternativa algunha. As investigacións levadas a cabo nos centros públicos de investigación de Galicia dependen absolutamente do plan de recursos humanos que o goberno galego decidiu non convocar, polo que o sistema investigador galego corre un enorme risco de desfacer os obxectivos acadados nos últimos anos e perder o tren da converxencia coas outras comunidades autónomas españolas e cós outros países da UE.

A última convocatoria xestionada polo goberno bipartito (2008) ofertou 586 prazas para estudantes de mestrado / DEA, investigadores predoutorais e posdoutorais e tecnólogos. Este ano, o goberno do Sr. Feijóo ten previsto sacar unha convocatoria de 15 prazas só para investigadores posdoutorais con máis de dous anos de estadías no estranxeiro (programa Isidro Parga Pondal) que, a diferenza de anos anteriores, non ten garantías de estabilización nin seguridade de prórrogas (e de cinco anos pasa a ser de soamente tres). Xa o ano pasado denunciábamos que o goberno do PP reducira en máis da metade o número de prazas para investigadores noveis e técnicos, cifra que agora se reduce nun 93,5%, ofertando só 15 postos de traballo: 15 cravos no ataúde da I+D+i en Galicia.

Desde a asociación de investigadores, técnicos e tecnólogos Precarios-Galicia, a Federación de Jóvenes Investigadores (FJI/Precarios) e a Asociación de Investigadores Parga Pondal criticamos duramente a política en materia de I+D+i do goberno de Feijóo, e pedimos ó colectivo investigador galego e á sociedade no seu conxunto que participe e apoie esta protesta.

Santiago de Compostela,

10 de decembro de 2010


Elección fecha de la movilización

27 de Novembro do 2010 Joaquin Públicado en Actividades, Iniciativas Sen comentarios »

Con este link se puede acceder a la votación para consensuar el día de las movilizaciones por un plan de RRHH de I+D+i digno.

http://www.doodle.com/yn36wng9g3knqnyx

Animaros a votar y sobretodo a movilizaros el día que finalmente salga elegido, aunque os parezca que es un tema que no os afecta… nos afecta a todos!!!


CAFÉ CIENTÍFICO: Homeopatía, una terapia bicentenaria, ¿ciencia o engaño?

23 de Novembro do 2010 Joaquin Públicado en Actividades, Notas de Prensa Sen comentarios »

El día 24 de noviembre a las 19.30 se celebrará en el espacio-fórum de la FNAC Coruña (Plaza Lugo, S/N) la primera tertulia científica organizada por la asociación Precarios-Galicia (http://precariosgalicia.org/), miembro de la Federación de Jóvenes Investigadores (FJI/Precarios).

Con lo que se pretende sea el inicio de un programa de charlas divulgativas
sobre temas de actualidad científica, hemos propuesto a la FNAC A Coruña el
controvertido tema de la homeopatía, una terapia desarrollada hace ya
doscientos años y que, en la actualidad, se está poniendo de moda. Tanto que
incluso ciertas universidades la están incluyendo en sus programas de
enseñanza. Nos preocuparemos de desentrañar las verdades y mentiras que
encierra esta práctica con el deseo de que el público adquiera una visión
crítica e informada sobre el tema.

El evento consistirá en una breve exposición de los puntos a favor y en
contra de la homeopatía, para lo cual contaremos con la presencia de Felipe
Matilla (farmacéutico y diplomado en Nutrición Humana y Dietética) y de
Elvis Teijeira (médico del Complejo Hospitalario de la Universidad de
Santiago), seguido de una charla-debate abierta a la intervención del
público asistente.


Precarios-Galicia estará no Foro de I+D+i do Grupo Correo Gallego o vindeiro día 30 de xuño.

27 de Xuño do 2010 Noe Públicado en Actividades Sen comentarios »

Precarios-Galicia foi invitada a participar no Ciclo de Foros que organiza o Grupo Correo Gallego. Neste caso estará adicado ao sector de I+D+i en Galicia, tanto a través das empresas privadas como a través do sistema público.

Haberá dúas mesas de debate: a primeira estará adicada ao I+D+i no mundo empresarial baixo o título A innovación tecnolóxica nas empresas galegas. Precarios-Galicia participará na segunda mesa O sistema público de investigación a partir das 12:30h. Nela, a presidenta da asociación, Noelia Cotón, fará unha presentación da asociación así como un repaso á situación actual do sistema público de investigación.


Próxima Asamblea

1 de Xuño do 2010 Joaquin Públicado en Actividades Sen comentarios »

Xoves 17 de xuño na Sala de Xuntas da Facultade de Física de Santiago.

Asemblea Extraordinaria
1ª convocatoria: 18:30h
2ª convocatoria: 19:00h
Orde do día:
- Aprobación, se procede, da reforma dos Estatutos de Precarios-Galicia.

Asemblea Extraordinaria
1ª convocatoria: 18:35h
2ª convocatoria: 19:05h
Orde do día:
- Renovación da Xunta de Representantes.

Asemblea Ordinaria
1ª convocatoria: 18:40h
2ª convocatoria: 19:10h
Orde do día:
- Aprobación, se procede, da acta da asamblea anterior.
- Aprobación, se procede, do estado de contas.
- Discusión das próximas actividades/actuacións que debe levar a asociación.
- Rolda aberta de intervencións.


Toda la información sobre el II Taller de Investigación Científica “Una profesión ¿con futuro?” (A Coruña, 17 y 18 de marzo de 2010) está a tu disposición…

8 de Marzo do 2010 Joaquin Públicado en Actividades, Iniciativas Sen comentarios »

Superinvestigador

… haciendo click aquí. ¡Te esperamos!


Charlas informativas “Investigar é investir en futuro – Por qué nos manifestamos?”

25 de Febreiro do 2010 Joaquin Públicado en Actividades Sen comentarios »

Por motivo da manifestación do próximo día 6 de Marzo en Madrid: “Investigar es invertir en futuro,” Precarios Galicia organiza as seguintes charlas informativas nas cidades da Coruña e Santiago baixo o título: “Investigar é investir en futuro – Por qué nos manifestamos?” :

A Coruña

  • Venres 26 de febreiro ás 17:00h na:

Aula 4 – Facultade de Ciencias Económicas e Empresarias – Campus de Elviña

  • Venres 26 de febreiro ás 17:00h na:

Aula 2 (primeiro andar) do Hospital Materno Infantil Teresa Herrera

Santiago

  • Venres 26 de febreiro ás 17:30h na:

Aula Magna – Facultade de Química – Campus Sur


Precarios-Galicia aproveita as vacacións de Nadal para reunir hoxe en Santiago aos investigadores/as que traballan fóra da Comunidade Autónoma

30 de Decembro do 2009 Joaquin Públicado en Actividades Sen comentarios »

A asociación de investigadores/as Precarios-Galicia convocou para a tarde de hoxe día 30 de decembro unha reunión informal cos seus asociados e colaboradores. Será ás 18h na cafetería de Bioloxía/Matemáticas, no Campus Sur da USC. Están invitados tódolos mozos e mozas interesados na mellora do noso sistema investigador.

Nesta “reunión de Nadal” debatiremos sobre a situación actual da investigación en Galicia e no resto de España, situación pola que Precarios-Galicia está apoiando unha serie de mobilizacións que terán continuidade no 2010, en contra dos recortes en I+D+i por parte da Xunta e do Goberno de España.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2009


Recortes de prensa e fotos das concentracións do 16 de decembro en contra do tixeretazo presupostario e a favor da Ciencia

16 de Decembro do 2009 Joaquin Públicado en Actividades, Revista de prensa de Precarios-Galicia Sen comentarios »

Un país que pretende diversificar a súa economía, non pode permitirse o luxo de prescindir dun considerable capital humano: as persoas adicadas á investigación. Persoas que coma ti, co seu esforzo, constancia e ilusión, tratan de aportar o seu gran de area ao entorno no que se desenvolven, despois de prepararse adecuadamente. Esta situación cambiará sen remedio coas medidas anunciadas se non facemos algo para evitalo. Un recorte presupostario na investigación supoñerá máis especialistas que marcharán ao estranxeiro, incrementándose a “fuga de cerebros”. Serán talentos que se perderán aquí e dos que se beneficiarán outros países.

Eco das concentracións nos medios galegos:
El Correo Gallego
Faro de Vigo
Xornal de Galicia
Galicia-Hoxe

Eco das concentracións nos medios estatais:
El País (artigo de opinión)
El Mundo
Público
La Razón
ADN
El Periódico de Aragón
Redacción Médica
lainformacion.com
tribuna.net
Ecodiario.es
Tercera Información


Precarios-Galicia e a Federación de Jóvenes Investigadores (FJI/Precarios) convócante ás concentracións nas portas dos centros de investigación de Galicia o xoves 16 de decembro de 2009

15 de Decembro do 2009 Joaquin Públicado en Actividades, Iniciativas 1 Comment »

Carta da presidenta de Precarios-Galicia dirixida ó colectivo investigador galego

Estimado/a compañeiro/a:

Escríboche para informarte que a asociación Precarios-Galicia e a Federación de Jóvenes Investigadores (FJI/Precarios), van impulsar unha serie de mobilizacións en contra do recorte presupostario e a favor da Ciencia durante os vindeiros meses. Como xa saberás polas últimas noticias das que se fixeron eco os medios, este é un momento crítico para a investigación no noso país e na nosa Comunidade Autónoma. Consideramos que tanto para a Xunta como para o Goberno de España a inversión en I+D+i non é unha prioridade.

A primeira destas accións consistirá nunha serie de concentracións nas portas dos centros de investigación de toda España o día 16 de decembro ás 12h. En Galicia serán nos seguintes puntos:

Santiago: entre a biblioteca Concepción Arenal e a Facultade de Dereito do Campus Sur.

A Coruña: diante da Facultade de Ciencias no Campus da Zapateira e diante da Facultade de Socioloxía/Ciencias da Comunicación no Campus de Elviña. Última hora: tamén diante do INIBIC (Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña).

Última hora –> Vigo: diante do Instituto de Investigacións Mariñas.

Darémoslle a coñecer estas accións ao resto da sociedade a través dunha serie de fotos tomadas durante o momento das concentracións por todo o país, por iso che pedimos que, se non podes acudir a estes lugares pero decides sumarte a esta protesta, o podes facer na porta do teu centro de investigación difundindo esta mensaxe entre os teus compañeiros/as e despois nos envíes unha foto á dirección de correo presidencia@precariosgalicia.org.

Un país que pretende diversificar a súa economía, non pode permitirse o luxo de prescindir dun considerable capital humano: as persoas adicadas á investigación. Persoas que coma ti, co seu esforzo, constancia e ilusión, tratan de aportar o seu gran de area ao entorno no que se desenvolven, despois de prepararse adecuadamente. Esta situación cambiará sen remedio coas medidas anunciadas se non facemos algo para evitalo. Un recorte presupostario na investigación supoñerá máis especialistas que marcharán ao estranxeiro, incrementándose a “fuga de cerebros”. Serán talentos que se perderán aquí e dos que se beneficiarán outros países.

Podes pensar que isto non che incumbe: que podes facer ti cando non moven un dedo os políticos? Pero equivócaste! Se non fas escoitar a túa voz, ninguén che prestará atención, e menos aínda os responsables públicos.

Os investigadores e investigadoras de Galicia temos que unirnos e protestar firme e unanimemente para que os nosos dirixentes nos valoren dun xeito adecuado e incrementen a inversión en I+D+i. Desde Precarios-Galicia entendemos que é un deber moral saír á rúa para manifestar a nosa oposición aos recortes presupostarios, polo negativo que terá para a Ciencia e a investigación. Por encima de crenzas persoais, de ideoloxías, todos temos esta preocupación común e temos que facer que así o vexan a nosa clase política e a nosa sociedade.

Se estás convencido e queres dar un paso adiante e expresar a túa opinión/postura, invitámoste de novo a que te sumes ás concentracións. Ademais, seguimos traballando xunto con outras entidades na organización dunha gran mobilización para inicios do ano próximo a favor da Ciencia, para a que esperamos contar tamén coa túa participación. Contamos contigo?

Grazas pola túa colaboración. Recibe un cordial saúdo,

Noelia Cotón
Presidenta de Precarios-Galicia (presidencia@precariosgalicia.org)

Web de Precarios-Galicia: www.precariosgalicia.org

Web da Federación de Jóvenes Investigadores (FJI/Precarios): www.precarios.org