Xa está aquí o III Obradoiro de Investigación Científica organizado por Precarios-Galicia.
A que esperas para apuntarte? Para facelo tes que enviar un mail a antonvh89@gmail.com indicando o teu nome, apelidos e DNI.
Lembra que a inscrición é totalmente gratuíta!.
O programa do Obradoiro é o seguinte:
XOVES, 10 DE NOVEMBRO
09:30 – 10:00> Inauguración.
Horacio Naveira (Decano da Facultade de Ciencias, UDC).
10:00 – 10:30 > Presentación do Obradoiro e de Precarios-Galicia.
Saúl Beceiro (Presidente de Precarios-Galicia e investigador da Universidade de Santiago de Compostela).
10:30 – 11:30h > Bolsas e contratos de investigación.
Armand Hernández (Investigador da Universidade da Coruña).
DESCANSO
12:00 – 13:00 > Como se avalía o meu traballo? Avaliación da ciencia.
Antonio Bode (Centro Oceanográfico de A Coruña).
13:00 – 14:00 > Economía real versus economía da imaxinación: Privilexiados e traballadores na investigación académica española.
Carlos Bermejo (Profesor titular da Universidade de Santiago de Compostela).
COMIDA 16:00 > Mesa redonda con Carlos Bermejo acerca da situación actual da investigación.
VENRES, 11 DE NOVEMBRO
09:30 – 10:30 > Divulgación do máis cercano: para que sirve o que facemos nos espazos naturais protexidos?. Luis Costa (biólogo, director do Parque Natural Fragas do Eume).
10:30 – 11:30 > Como trasladar os resultados da miña investigación á sociedade: a transferenza de tecnoloxía na UDC.
Pilar Pintor (Directora da Oficina de Transferencia de Resultados da Investigación).
DESCANSO 12:00-14:00 > Debate/coloquio de peche do Obradoiro.
Marta Vila (bióloga, investigadora da Universidade da Coruña).
COMIDA 16:00 > Café científico. Entrada libre (sen inscrición).
Salón de actos da Facultade de Ciencias da UDC.



