O colectivo “Carta por la Ciencia” convoca unha concentración contra os recortes en I+D+i para o vindeiro venres 14 de xuño

Queremos realizar un chamamento á sociedade en favor da ciencia en Galicia e en España, e denunciar a actual fuga de cerebros que está a sufrir o noso país, xunto cos avances científicos e tecnolóxicos que se están a perder.

Propoñemos que todos os investigadores e académicos que se atopan sen futuro ou golpeados por tanta amarga inxustiza se animen a loitar pola súa dignidade o vindeiro 14 de xuño en Santiago de Compostela: praza do Obradoiro, ás 12.00 do mediodía.

A concentración rematará coa lectura en voz alta do manifesto asinado polos integrantes do movemento “Carta por la ciencia”:http://conimasdmasihayfuturo.com/

Se aínda non asinaches a Carta, podes facelo aquí: http://chn.ge/1a5qDpw

Aínda cres que non tes razóns para asistir? Dámosche algunhas:

  • Sabías que os contratos Ramón y Cajal e Juan de la Cierva se reduciron un 30% na última convocatoria e que esta saíu con 10 meses de atraso?
  • Sabías que a oferta pública de emprego en organismos de investigación pasou de 681 prazas en 2007 a 15 en 2013?

ES INVESTIGADOR/A FIXO?

  • Sabías que a día de hoxe ningún dos proxectos do Plan nacional aprobados en decembro de 2012 recibiu un só euro? E que aínda non hai convocatoria de proxectos do Plan nacional para o ano 2013?
  • Sabías que cada vez terás menos posibilidades de formar un equipo cos recortes de prazas e contratos pre e posdoutorais?

ES PERSOAL INVESTIGADOR CONTRATADO?

  • Sabías que a Universidade Politécnica de Madrid despediu en marzo a 301 persoas e recortou os salarios un 10%?

Moitas grazas!

Páxina en Facebook do evento:

https://www.facebook.com/events/461168127310546/461597943934231/?notif_t=plan_mall_activity

Hashtag en Twitter:#14Jporlaciencia

Web de Precarios-Galicia:

http://www.precariosgalicia.org


Pódese seguir as respostas a esta entrada a través da subscripción RSS 2.0. Podes deixar un comentarios, ou facer un trackback dende o teu propio sitio.

Deixe unha resposta