O futuro da física europea fórmase na USC xunto a expertos internacionais (El Correo gallego, 23 de xaneiro de 2013)

A unión fai a forza, e tamén dá mellores oportunidades de formación. Expertos de prestixio internacional están a impartir estes días en Santiago de Compostela a terceira edición da escola da Rede Internacional de Doutoramento en Física de Partículas, Astrofísica e Cosmoloxía Idpasc, na que a USC é socia a través do seu programa de doutoramento en Física Nuclear e de Partículas. Nas sesións fórmanse 40 estudantes de doutoramento das institucións que conforman a rede: universidades de España, Portugal, Italia e Francia, así como o Laboratorio Europeo de Física de Partículas (CERN).

A USC é unha das fundadoras da Idpasc, creada en 2010 para promover programas conxuntos de formación e reforzar a mobilidade de estudantes, profesores e investigadores. Desta volta, exerce de anfitriona durante dúas semanas ante os demais socios, con Carlos Merino ao fronte do comité organizador.

O profesor subliña as posibilidades que a Idpasc lle brinda ao alumnado, pero tamén ás integrantes da rede, que acadou financiamento da UE por tres anos. “Pertencer a esta rede internacional é un plus de cara aos alumnos doutras universidades ou países para entrar a participar no noso programa de doutoramento.

A noticia en El Correo Gallego


Pódese seguir as respostas a esta entrada a través da subscripción RSS 2.0. Podes deixar un comentarios, ou facer un trackback dende o teu propio sitio.

Deixe unha resposta