O ‘Álbum da Ciencia’ pon en valor aos investigadores (El Correo Gallego, 31 de outubro de 2012)

“Un galego medio sabe quén é Curros Enríquez ou Rosalía de Castro, pero cando lle falas de Durán Loriga, Novóa Santos ou Ramón de la Sagra, sonalle a unha rúa”, dí Xosé Antón Fraga, director do proxecto “Album da Ciencia”, que leva adiante o Consello da Cultura Galega dende o pasado mes de marzo.

“A ciencia forma parte do noso patrimonio cultural, e nesta iniciativa xa pasamos das cen biografías en pouco tempo”, explica Francisco Díaz-Fierros, vicepresidente do Consello da Cultura Galega, quen salienta a importancia desta obra.

O proxecto busca poñer en valor a uns 360 persoeiros que adicaron a sua vida a ciencia en Galicia, case todos eles nados na terra pero pouco coñecidos. É unha obra on-line, que pode consultarse na páxina web www.culturagalega.org/albumdaciencia, onde cada día sumaránse tres biografías e actualizaránse as xa colgadas previamente.

A noticia en El Correo Gallego


Pódese seguir as respostas a esta entrada a través da subscripción RSS 2.0. Podes deixar un comentarios, ou facer un trackback dende o teu propio sitio.

Deixe unha resposta