As becas predoutorais da Xunta exclúen a promoción que comeza agora a súa tese (Xornal de Galicia, 6 de agosto de 2011)

Educación só permite o acceso dos estudantes que acabaron o máster antes do 14 de xullo, a pesar de que as Universidades non pecharon as actas ata o día 28

Xunta exclúe a toda unha promoción de novos investigadores galegos das axudas institucionais para iniciar os seus estudos predoutorais. A última convocatoria destes contratos destinados a que os mozos poidan desenvolver a súa tese de doutoramento nas universidades galegas ten que facer fronte aos atrasos acumulados en exercicios anteriores – o ano pasado nin sequera foron presentadas– e impide o acceso da promoción que cursou este curso os seus estudos de máster, a través dos que acceder a etapa de tese.

Para poder beneficiarse destas axudas da Xunta, a Consellería de Educación establece que o alumno debe “ter aprobado pola Comisión Académica de Programas de Doutoramento o proxecto de traballo de investigación, ou ter superado o procedemento equivalente”. Ademais, “esta aprobación terá que producirse en data anterior á publicación desta convocatoria”. É dicir, ter a titulación do máster aprobada o 14 de xullo deste ano.

Esta data límite choca cos calendarios que publican nas súas respectivas webs as universidades galegas. Neste sentido, a USC aprobou en febreiro de 2010 que as actividades académicas das titulacións de grao e máster rematarían o 3 de xuño. Non obstante, a realización das probas de avaliación terían lugar entre o 1 de xullo ao 15. O rexistro oficial das cualificacións dos exames tivo como fecha límite o 28 de xullo. O calendario da Universidade de Vigo destaca períodos idénticos.

Ademais, a convocatoria da Xunta non permite que os estudantes que remataran as súas titulacións –enxeñerías, licenciaturas ou diplomaturas– antes de 2008. Así, unicamente as dúas promocións que aprobaran os seus másters nos cursos 2008/ 2009 e 2009/ 2010 poderán acceder a estas becas a las que porán acceder un máximo de cen titulados superiores.

As becas, que se concederán por un tempo máximo de tres anos desde o próximo 1 de outubro de 2011, poderán ser prorrogadas co fin de consolidar o persoal investigador.

O director xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, sinalou que o número de axudas é “moi superior” a anos anteriores (o exercicio pasado estas bolsas non se convocaron). Ademais, a a Administración asegurará un reparto equitativo entre as ramas de humanidades, ciencias, enxeñería e o ámbito sanitario, de xeito que cada área conte con, polo menos, quince investigadores con axudas.

A noticia en Xornal de Galicia


Pódese seguir as respostas a esta entrada a través da subscripción RSS 2.0. Podes deixar un comentarios, ou facer un trackback dende o teu propio sitio.

Deixe unha resposta