Educación estabilizará 26 investigadores do programa Parga Pondal (Galicia Hoxe, 21 de xuño de 2011)

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez Abad, mantivo onte un encontro cos representantes de Parga Pondal e de Precarios Galicia, no que lles comunicou que financiará durante tres anos a aqueles investigadores procedentes do programa Parga Pondal que estean contratados de xeito estable polas universidades galegas. Vázquez Abad sinalou que estas axudas supoñen un investimento de 1.118.000 no ano 2011 para a consolidación de 26 investigadores que levan contratados desde o 1 de xaneiro de 2010 ata o 1 de xuño deste ano. Cómpre destacar que 4 destes están contratados pola Universidade da Coruña; 6 pola de Vigo; e 16 pola de Santiago de Compostela.

O conselleiro Vázquez comentoulles onte ós representantes dos investigadores o traballo desenvolvido no programa de recursos humanos da Dirección Xeral de I+D+i desde que este foi traspasado á Secretaría Xeral de Universidades, que significou que a Consellería de Educación asume a xestión das axudas non rematadas do Incite e as convocatorias de prórrogas pendentes de publicación, nas que tamén se está a traballar. Ademais, estanse a definir os programas recollidos no novo Plan I2C, que regula o apoio aos recursos humanos ata o 2015, para o cal xa está establecido un proceso de diálogo coas universidades.

Ó ver do conselleiro, o programa “implica o reforzo e preparación para o futuro das capacidades científicas e tecnolóxicas de Galicia”. “Co programa facilítase a potenciación da función investigadora nas universidades”, dixo.

As convocatorias, consonte a necesidade dos campus

Hai un mes o director xeral de I+D+i, Ricardo Capilla, anunciara que o programa Manuel Colmeiro de estabilización de investigadores, creado polo anterior goberno bipartito, se mantería pero ofertaría “non máis de 15 prazas” e salientou que esta cifra se fixara consonte o criterio das tres universidades. Capilla acusaba o Bipartito de inflar as prazas e aseguraba que a xunta ten que “axustar” os postos ó que o sistema pode absorber. Isto levantou as críticas do colectivo de investigadores, que denunciaban que esa cifra significaba “deixar de apoiar” a contratación de máis do 70% dos investigadores Parga Pondal a punto de deixar de selo.

Este ano finalizan o seu contrato Parga Pondal 51 persoas, 42 nas universidades e 9 noutros centros. Moitas máis cás 15 prazas que inicialmente se anunciaran para pasar ó programa Manuel Colmeiro.

O Ministerio atrásase

A Federación de Jóvenes Investigadores/Precarios (FJI) denunciou onte problemas e atrasos na xestión de axudas posdoutorais convocadas polo Ministerio de Educación que afecta a mil científicos

A noticia en Xornal de Galicia


Pódese seguir as respostas a esta entrada a través da subscripción RSS 2.0. Podes deixar un comentarios, ou facer un trackback dende o teu propio sitio.

Deixe unha resposta