A USC advírtelle á Xunta de que o 80% da investigación é universitaria (Xornal de Galicia, 25 de enero de 2011)

“O 70% ou o 80% da investigación e os proxectos de desenvolvemento tecnolóxico veñen da universidade”. Con esta afirmación, o reitor da Universidade de Santiago (USC), Juan Casares Long, advírtelle á Xunta do peso que estas institucións teñen no I+D galego, tan só unhas semanas antes de que os orzamentos do novo plan de investigación do Goberno galego cheguen ao Consello de Goberno o próximo mes de febreiro.

Esta iniciativa da Xunta é, segundo o reitor da USC, “un conxunto de intencións que hai que desenvolver nos próximos meses”. Casares Long mantén que o novo Plan de I+D –que substitúe ao Incite posto en marcha polo bipartito– debe “axustarase á realidade e respectar que a gran parte da investigación desenvólvese nas universidades”. “Ademais, hai que poñer o traballo en xerar ciencia, non tanto en subvención da produción”, sentenciou o reitor compostelán. Nesta liña, cabe subliñar que o 80% dos fondos do I+D foron parar as empresas en 2010.

O novo Plan galego de I+D, aprobado o pasado decembro, prevé “adaptar” as carreiras de investigación “ás necesidades reais”, segundo destacou o propio conselleiro de Economía, Javier Guerra. Ante as posibilidades de recorte, o reitor compostelán asegura que “o único que manteremos sen tocar é o persoal fixo e os contratos de investigación”. “Haberá que recortar doutras cousas”, asegurou.

La noticia en Xornal de Galicia


Pódese seguir as respostas a esta entrada a través da subscripción RSS 2.0. Podes deixar un comentarios, ou facer un trackback dende o teu propio sitio.

Deixe unha resposta