Carta de presentación dos nosos candidatos nas eleccións ós órganos colexiados da Universidade da Coruña

Estimado/a compañeiro/a,

Escríboche para informarte de que a asociación de investigadores, técnicos e tecnólogos Precarios-Galicia preséntase por primeira vez ás eleccións ós órganos colexiados da UDC.

Precarios-Galicia é unha asociación apartidista formada por estudantes, investigadores predoutorais, postdoutorais, profesores, e outras persoas que, inda que non se adican profesionalmente á investigación, apoian os nosos obxetivos:

- defensa dun modelo económico baseado na I+D+i.

- mellor xestión dos centros de investigación de Galicia.

- divulgación da cultura científica na nosa sociedade.

- defensa dos intereses do colectivo investigador galego.

- reivindicación do recoñecemento dos dereitos laborais e sociais de todo o colectivo investigador.

- defensa dunha carreira investigadora digna, ben estructurada e baseada na excelencia científica.

Convencidos de que ti tamén compartes os nosos obxectivos, pedímosche o teu voto nas eleccións do 2 de decembro. Poderás votar ós nosos candidatos se pertences ós seguintes censos electorais:

1. Eleccións a consellos de departamento: Departamento de Bioloxía Celular e Molecular (sección “estudantado de terceiro ciclo”).

2. Eleccións a claustro universitario: Facultade de Ciencias (sección estudantado) e Facultade de Informática (sección estudantado).

Aproveitamos a ocasión para informarte de que estamos a preparar unha serie de importantes mobilizacións en toda Galicia para principios do mes de decembro, en protesta pola vergoñenta ausencia de convocatorias de recursos humanos de investigación por parte da Xunta de Galicia durante o presente ano. Terás toda a información ó respecto na nosa páxina web, precariosgalicia.org.

Moitísimas gracias polo teu apoio,

Verónica Rojo Oróns e Brais Cancela Barizo
Candidatos de Precarios-Galicia nas eleccións ós órganos colexiados
UDC 2010


Pódese seguir as respostas a esta entrada a través da subscripción RSS 2.0. Podes deixar un comentarios, ou facer un trackback dende o teu propio sitio.

Deixe unha resposta