Precarios-Galicia organiza unha acampada na Illa de Ons os días 28 e 29 de agosto.
Ola a todos!
Xa está confirmado que iremos de acampada!! Finalmente iremos á illa de Ons sempre e cando teñamos sitio, pero en principio parece ser que si. A cuestión é que para os que non nos seguen na lista de Precarios-Galicia e ao mellor queredes vir con nós a vivir esta experiencia, avisamos a través desta nota para que saibades un pouquiño o que temos pensado facer durante o fin de semana do 28 e 29 de agosto (só quedaremos unha noite na illa). Vai aquí un borrador do PLANNING:
SÁBADO
Pola mañá: chegada, montar as tendas e charla de presentación.
Pola tarde: praia / tempo libre e ruta pola illa.
Pola noite: café científico.
DOMINGO
Pola mañá: reunión para informar e debatir sobre as nosas próximas actividades e obxectivos. Outra ruta pola illa.
Pola tarde: tempo libre, recollida e regreso.
O caso é que nos urxe MOITÍSIMO saber quenes van en concreto, pois imos pedir un permiso especial como asociación e desde Parques Naturales pídennos os nomes e DNI’s dos que vaiamos. Así que por favor, se estades interesados, ENVIADE UN MAIL HOXE a presidencia@precariosgalicia.org co voso nome e DNI, pois non queremos quedarnos sen sitio. Se houbera algún interesado/a que non pode ler este post hoxe, que envíe o mail igualmente e a ver se podemos ir engadíndoo/a á lista.
Animádevos, que o imos pasar moi ben!
PD: as cuestións de loxística comunicaranse na lista de Precarios-Galicia e aos interesados que se apunten no mail de presidencia.
Pódese seguir as respostas a esta entrada a través da subscripción RSS 2.0. Podes deixar un comentarios, ou facer un trackback dende o teu propio sitio.
Deixe unha resposta