Manifestación Madrid 6 de marzo: “Investigar é investir en futuro”
Como xa saberedes, o vindeiro dia 6 de marzo haberá unha manifestación en Madrid (12:00h Praza de Colón) en favor da Ciencia e levará por lema “Investigar é investir en futuro”. É unha manifestación á que esta convocado todo o mundo: estudantes, investigadores en etapa predoutoral e posdoutoral, profesores, técnicos e toda a sociedade en xeral que crea que é o momento de cambiar o modelo produtivo deste país.
Os convocantes son os seguintes (manifesto):
- Plataforma por la Investigación
- Asociación para el Avance de la Ciencia y la Tecnología en España
- Federación de Jóvenes Investigadores
- Asociación Nacional de Investigadores Ramón y Cajal
- Asociación de Investigadores Juan de la Cierva
- Asociación de Investigadores Parga Pondal
Desde Precarios-Galicia acudiremos á manifestación para que a nosa voz sexa escoitada. Para isto, imos fretar un autobús para que todo aquel que desexe e poida acudir a Madrid, o faga. Tedes todos os detalles de como facer unha reserva de praza aquí.
Por outra banda tamén temos merchandising para a mesma. Podedes ver o deseño das camisetas que preparamos na foto. O seu prezo é de 10€, e se queredes unha podedes reservala aquí ou ben enviando un correo electrónico ao enderezo secretaria@precariosgalicia.org.
Tamén temos chapas! O seu prezo é de 1€/unidade e podedes pedilas no mesmo correo electrónico. Tedes aquí os deseños:
Moitas grazas a todos e a todas e…
VÉMONOS EN MADRID O DIA 6 DE MARZO!!!
Pódese seguir as respostas a esta entrada a través da subscripción RSS 2.0. Podes deixar un comentarios, ou facer un trackback dende o teu propio sitio.


Febreiro 22nd, 2010 at 6:46 am
[...] Buses desde Galicia: Buses – Precarios Galicia. [...]