Precarios-Galicia aproveita as vacacións de Nadal para reunir hoxe en Santiago aos investigadores/as que traballan fóra da Comunidade Autónoma

A asociación de investigadores/as Precarios-Galicia convocou para a tarde de hoxe día 30 de decembro unha reunión informal cos seus asociados e colaboradores. Será ás 18h na cafetería de Bioloxía/Matemáticas, no Campus Sur da USC. Están invitados tódolos mozos e mozas interesados na mellora do noso sistema investigador.

Nesta “reunión de Nadal” debatiremos sobre a situación actual da investigación en Galicia e no resto de España, situación pola que Precarios-Galicia está apoiando unha serie de mobilizacións que terán continuidade no 2010, en contra dos recortes en I+D+i por parte da Xunta e do Goberno de España.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2009


Pódese seguir as respostas a esta entrada a través da subscripción RSS 2.0. Podes deixar un comentarios, ou facer un trackback dende o teu propio sitio.

Deixe unha resposta