BUSCAMOS VOLUNTARIOS PARA ENTREVISTA NO XORNAL DE GALICIA!!!

BUSCAMOS VOLUNTARIOS PARA ENTREVISTA NO XORNAL DE GALICIA!!!

Onte tivemos unha reunión cunha xornalista do Xornal de Galicia porque está elaborando unha reportaxe sobre como é a situación da investigación galega, pois descoñecía totalmente o asunto: como se accede á carreira investigadora, que bolsas/contratos hai, que posibilidades hai de asentarse despois na universidade e como se conseguen, en fin, o de sempre. Díxonos que quere facer unha reportaxe sobre “que é un investigador” e como está a súa situación en Galicia. O caso é que nos preguntou que figuras interesantes poderían encaixar neses testimonios e comentámoslle que podía ir algún testimonio de Fuga de derebros (alguén que polo motivo que sexa está traballando fora), algún ISRR (Investigador Sen Remuneración Regulada, alguén que esté ou estivera nalgunha etapa da tese sen cobrar nada, vamos), alguén que esté de postdoc e quizáis tamén o testimonio dalgunha das persoas que a principio de curso se queixaban con razón da supresión das Bolsas de 3º Ciclo/Máster.

Esta é unha oportunidade única para que se vexa como é o actual panorama da investigación galega e corre relativa présa porque a reportaxe será para o domingo 13 de decembro e hai unha ponte longa antes…

Graciñas!!

Podedes avisar neste mesmo post ou enviando un correo a presidencia@precariosgalicia.org


Pódese seguir as respostas a esta entrada a través da subscripción RSS 2.0. Podes deixar un comentarios, ou facer un trackback dende o teu propio sitio.

Deixe unha resposta