Acta da Asemblea Ordinaria do 14 de maio do 2008
Asistentes
David (presidente)
Natalia (secretaria)
Adolfo (vogal)
Xosé (filoloxía galega)
Jorge (bioloxía)
Javier (química)
Beatriz (física-electrónica)
Noelia (física)
Carme (física)
Marta (bioloxía)
e un estudante de 4º de bioloxía que colabora nalgún laboratorio e estaba interesado pola carreira investigadora
(Engádese unha referencia de cada un para que nos axude a situarnos cos nomes)
LUGAR: Sala de Xuntas da Facultade de Física (USC-Santiago)
HORA DE COMENZO: 19:45
DURACIÓN: Dúas horas e media
ORDE DO DÍA
- Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior.
- Informe do estado de contas da asociación.
- Informe da actividades da xunta de representantes.
- Informe da Asemblea de Granada da Federación de Jóvenes Investigadores-Precarios.
- Análise do estado actual da asociación (informe DAFO).
- Próximas actuacións (entre outras):
6.1. Campañas da Federación de Jóvenes Investigadores-Precarios.
6.2. Regulamente dos contratos de invigación a cargo de proxecto na universidade.
6.3. Definición da carreira investigadora na universidade.
6.4. Contactos coa prensa, Dxid (Xunta), USC, Sindicatos, PUP, Partidos…
6.5. Taxa de tutela académica. - Posición de Precarios Galicia ante a nova normativa de campañas da Federación de Jóvenes Investigadores-Precarios.
- Rogos e Preguntas
ACTA
1- Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior.
Dado que na asemblea anterior decidírase deixar a decisión dunha xunta xestora a realización ou non de actividades e poñer a asociación nun estado semi-hibernado, decídese ler as actas anteriores para poñer á xente nova ao día. Ao fío do lido coméntanse os resultados das negociacións realizadas con motivo da taxa de tutela aparecida o ano anterior. Xosé comenta que ademais dunha redución significativa da taxa (de 180 a 95 €), dentro das contrapartidas obtidas/propostas están a elaboración dun rexistro de investigadores en fase inicial, a análise da situación de xente traballando sen ningún tipo de seguro e a formación en riscos laborais de todo o persoal que traballe en laboratorios (incluídos bolseiros). Coméntase que no tema concreto dos riscos laborais houbo varias reunións cos responsables e polo menos unha reunión informativa sobre o tema aberta a todas as categorías. Non temos datos para avaliar o éxito desta acción porque neses momentos o persoal activo da asociación non puido acudir a ditas reunións.
Tendo xa iniciado o diálogo aproveitamos para comentar un pouco o funcionamento da asociación (estrutura, listas,…) e da federación (estrutura, listas, comisións, campañas,…).
2- Informe do estado de contas da asociación.
Lidia mandounos o informe de contas que se adxunta ao final desta acta (Anexo I). Como resumo, contamos con 25 socios (máis 3 que pagaron fóra de prazo e non son computados para este ano) e un saldo actual de 284,68 €.
3- Informe de actividades da xunta de representates.
David coméntanos as actividades realizadas dende a asemblea anterior. Axúntase informe (Anexo II). Cabe destacar o contacto co presidente do comité de empresa e vicepresidente dos Ramón y Cajales por ser primeiro contacto para a elaboración do convenio colectivo.
Coméntase tamén que Bea é a nova voceira e encargada de medios en PG.
4- Informe da Asemblea de Granada da Federación de Jóvenes Investigadores-Precarios.
Natalia comenta a Asemblea da FJI á que asistiron como representantes Lidia e máis ela. O comentario faise en base á acta presentado polo secretario da FJI por cuestión de axilidade. Nótase o traballo feito para a organización da manifestación de 1º de marzo.
5- Análise do estado actual da asociación (Informe DAFO).
David comenta o informe DAFO elaborado nas listas que se adxunta (Anexo III). Parece que hai unha visión un pouco negativa con respecto á participación . Coméntase que poderíamos empregar o informe para tratar de aproveitar e conservar as nosas fortalezas. Fundamentalmente coméntase a importancia das charlas para informar aos novos doutorandos e tamén a posibilidade de facer festas ou similares que puidesen facer máis fácil achegarse á xente nova. Coméntase tamén que quizais deberíamos aproveitar máis para a captación de socios durante as charlas, que se aproveita pouco.
Finalmente coméntase que sería interesante aproveitar a experiencia dos máis veteranos particularmente en contacto coas institucións. Fálase de mirar de ter isto en conta nos próximos contactos.
A xente nova móstrase disposta e vese posible comezar a facer cousas con miras a comezo do curso que ven.
6- Próximas actuacións (entre outras).
6.1- Campañas da Federación de Jóvenes Investigadores-Precarios.
“Apadrina un post-doc”: Marta accedera a ser a coordinadora desta campaña da FJI aquí. Coméntanos que recibiu unha primeira información sobre o tema pero que levan uns días á espera de indicacións. Manteranos ao tanto de como vaia o tema.
“N+BxT”: nestes momentos non hai voluntario para coordinar esta campaña. Sería interesante que saíse alguén aquí, sobre todo tendo en conta que o fundamento da campaña é detectar bolsas irregulares e denuncialas e é moito máis fácil facelo canto máis preto se estea.
6.2- Regulamento dos contratos de investigación a cargo de proxecto na universidade.
Xosé comenta que actualmente non había unha táboa obrigatoria de contías e condicións, senón simplemente recomendacións, que se podería facer presión nese sentido e tal (algo se falara co Víctor Pedregal). Paralelamente, dous temas a ver son o da supresión das bolsas (aprobárase unha emenda na programación plurianual nese sentido) e a tramitación burocrática dos contratos (retrasos en dar a tarxeta de identidade, en figurar como persoal da USC, etc.). Xa non depende directamente da USC, pero a negociación do convenio colectivo determinará se este persoal está dentro ou fóra.
6.3- Definición da carreira investigadora na universidade.
Natalia comenta a evolución da comisión para a proposición dunha carreira docente-investigadora na USC para a que se lle solicitou axuda.
Nestes momentos están facendo unha labor de recopilación de situacións dos investigadores en fase inicial. Coméntase que no resto, na definición da carreira, as aportas están sendo irregulares, sendo algunhas moi xenéricas e outras moi concretas. Manterase informado da evolución aínda que se manifesta a dificultade do asunto.
6.4- Contactos coa prensa, Dxid (Xunta), USC, Sindicatos, Partidos…
Envío de varios comunicados federais (medios).
Reunión para a presentación do plan da Xunta (Javier).
Reunións comentadas no informe de actividades.
6.5- Taxa de tutela académica.
Comentado no punto 1.
7- Posición de Precarios-Galicia ante a nova normativa de campañas da Federación de Jóvenes Investigadores-Precarios
Votarase na lista de cara a asemblea de Granada unha vez que se aclaren as cousa na estatal.
8- Rogos e Preguntas
a) Javier comenta o problema da non coherencia nas prazas que se sacan entre AA e PP (falta de correspondencia entre os perfís logo dos 3 anos de AA), ademais do tema da redución de prazas entre unha convocatoria e outra (o funil do programa).
Debátense diferentes aspectos das AA e decídese apuntar como tema de debate para a lista galega.
b) Natalia comenta a existencia de material diverso na “maleta” de secretaría:
Carteis, trípticos, pegatas,… vello que poden valer como inspiración.
Documentos e informes diversos que poden valer de referencia pero que o máis probable e adecuado é que estean tamén en formato electrónico na web da FJI.
Merchandising novo das xornadas e xenérico. Coméntase que algún quede para a xente que curra (e currou) en PG e o resto se poida repartir nas charlas do ano próximo. Todo o material queda localizado no lab. 30 do DEC, a cargo da secretaria.
c) Natalia comenta a necesidade de modificar os estatutos de PG. Quédase en debatelo na lista galega e facer unha proposta por parte da XR para a próxima asemblea.
Acta da Asemblea Ordinaria en formato PDF, inclúe os anexos.
Pódese seguir as respostas a esta entrada a través da subscripción RSS 2.0. Podes deixar un comentarios, ou facer un trackback dende o teu propio sitio.

Deixe unha resposta