Convocatoria Asemblea de Precarios Galicia

O próximo 14 de Maio do 2008, na Sala de Xuntas da Facultade de Física (Campus Sur) da Universidade de Santiago de Compostela as 19:30, celebrarase a asemblea de Precarios Galicia. Trataranse temas importantes sobre a futura dirección da asociación, por favor, acudide.

Orde do día:

Asemblea Ordinaria:

1- Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior.
2- Informe do estado de contas da asociación.
3- Informe da actividades da xunta de representantes.
4- Informe da Asemblea de Granada da Federación de Jóvenes Investigadores-Precarios.
5- Análise do estado actual da asociación (informe DAFO).
6- Próximas actuacións (entre outras):
6.1- Campañas da Federación de Jóvenes Investigadores-Precarios.
6.2- Regulamente dos contratos de investigación a cargo de proxecto na
universidade.
6.3- Definición da carreira investigadora na universidade.

6.4- Contactos coa prensa, Dxid (Xunta), USC, Sindicatos, PUP, Partidos…
6.5- Taxa de tutela académica.
7- Posición de Precarios Galicia ante a nova normativa de campañas da Federación de Jóvenes Investigadores-Precarios.
8- Rogos e Preguntas

Asemblea Extraordinaria

1- Renovación dos cargos da xunta directiva.


Pódese seguir as respostas a esta entrada a través da subscripción RSS 2.0. Podes deixar un comentarios, ou facer un trackback dende o teu propio sitio.

Deixe unha resposta