Asistencia a reunión das plataformas sindicáis na USC

Esta semana, as centrais sindicáis presentes na Universidade de Santiago de Compostela reunirónse nunha sesión informativa, este é a menxase orixinal da convocatoria

As centrais sindicais CIG, CCOO, CESIF e UGT convocan unha ASEMBLEA que se celebrará no campus de Santiago, o no Salón de Actos da facultade de Dereito e o martes día 8 ás 12 horas e o mercores día 9 ás 12 horas no Salón de Actos na EPS no campus de Lugo. Coa finalidade de expoñer a súa visión da situación na que nos atopamos e as accións que se pretenden LEVAR A CABO CON RESPECTO A CUESTiÓNS TAN IMPORTANTES COMO OS NOVOS CRITERIOS PARA O CÁLCULO DAS NECESIDADES DOCENTES, CRITERIOS PARA EL RECOÑECEMENTO DA ACTIVIDADE INVESTIGADORA, RECENTE CONVOCATORIA RAMÓN Y CAJAL, REDACCIÓN DO NOVO CONVENIO COLECTIVO, ETC. Despois dunha exposición por un tempo de cinco minutos por parte de cada sindicato abrirase un turno de debate para poder intercambiar opinións cos asistentes. POLO INTERESE DOS TEMAS A TRATAR E O MOMENTO EN QUE NOS ATOPAMOS CONVIDÁMOSVOS A ASISTIR.

Como moitos dos temas que se trataban podían afectar o futuro dos xóvenes investigadores, a actual secretaria de Precarios Galicia foi a reunión, e estas son as súas impresións.

ao final fun o martes á sesión informativa dos sindicatos. Queixáronse basicamente do pouco caso que se lles está facendo dende a dirección da universidade en cuestións que lle son propias como a xestión de recursos humanos. Comentaron a introducción de cómputo das necesidades investigadoras para sacar prazas, pero criticaban que só se fixese para áreas que tivesen sobrecarga de horas de docencia e criticaron a limitación da creación de prazas a partires exclusivamente dos RyC. Falouse da marxinación do persoal laboral e de que seguimos rexíndonos pola situación de emerxencia do 2004. Falouse de dar a oportunidade de estabilización en función da persoa que supera unhas avaliacións e non só en función das áreas…

Con todo, o máis interesante foi a puntualización que fixeron sobre marcar criterios de entrada e a elaboración dunha política de PDI na que se recollan as necesidades da universidade e pola que se a alguén se lle colle porque é necesario logo non se lle bota porque non deixa de ser necesario aínda que se lle acabe un tipo de financiación.

Falaron tamén da negociación do convenio colectivo, que está parada porque a mesa non se dá constituído. Bueno, e dado que falaban continuamente de todo o tema a partires de PP ou RyC pregunteilles polos investigadores en fase inicial e os doutores recentes, que tamén somos persoal laboral. Todos os que contestaron coincidían en dicir que ían negociar un convenio no que se nos incluíse, aínda que coas nosas peculiaridades por estar en formación (non sei por que se esqueceron dos doutores recentes e dos contratados a cargo de proxecto que tamén ían na pregunta).

E bueno, pois a raíz desa pregunta púxose en contacto comigo Victor Predegal, representante sindical electo y vicepresidente de los RyC. Parece ser que está interesado en afondar no tema.


Pódese seguir as respostas a esta entrada a través da subscripción RSS 2.0. Podes deixar un comentarios, ou facer un trackback dende o teu propio sitio.

Deixe unha resposta