Difusión da convocatoria da Manifestación do 1 de Marzo en Madrid

Como xa se informou anteriormente, o próximo 1 de Marzo celébrase en Madrid unha manifestación organizada pola Federación de Jóvenes Investigadores – Precarios, a cal pertence Precarios Galicia, baixo o lema Otra Investigación es Posible.

En Precarios Galicia estase a traballar para dar a maior difusión posible a dito evento en Galicia.

O próximo luns as 20:00 horas celebrárase na Aula 2 da Facultade de Física unha reunión informativa sobre a manifestación.

Estase a repartir carteis e trípticos por distintas facultades

Cartel Manifestación Precarios en Madrid 1 de Marzo

O mesmo tempo, estase a organizar o desprazamento dende Galicia a Madrid para poder asistir a manifestación, calquera persoa interesada en ir, por favor, contacte o antes posible con Precarios Galicia.


Pódese seguir as respostas a esta entrada a través da subscripción RSS 2.0. Podes deixar un comentarios, ou facer un trackback dende o teu propio sitio.

Deixe unha resposta