Asemblea Extraordinaria

Asistentes: Ana, Victor, Xosé, Jorge, Natalia, David, Emilio, Tino, Adolfo, Beatriz, Olalla, Beata, Julia, Ester, Jorge, María, Alba e Patricia (2 ou 3 máis que non deixaron o nome)

Orde do día

  1. Desición sobre a posible suspensión indefinida de actividades ou disolución definitiva da asociación. Determinación da realización ou non da asemble ordinaria.
  2. Renovación de cargos da Xunta de Representantes.

Acta

  1. Desición sobre a posible suspensión indefinida de actividades ou disolución definitiva da asociación. Determinación da realización ou non da asemble ordinaria.

    Victor, en calidade de presidente, comeza presentándose e facendo unha pequena introdución sobre o funcionamento da asociación para as persoas que asisten por primeira vez (unhas 13). De seguido comenta que o obxectivo desta asemblea é intentar incorporar xente nova que poidan colaborar e coller o relevo nas frontes que están abertas. Aproveita para comentar algún dos logros xa conseguidos.

    Ana aproveita para facer un pequeño percorrido histórico e comentar a importancia de ter un contrato (recoñecemento de experiencia profesional, paro para as tempadas entre convocatorias,…). Logo comenta cuestións sinxelas que aínda están sen resolver para os bolseiros como o dereito á realización dos cursos de innovación docente, o dereito á utilización do servizo médico da universidade, obrigar a que a universidade teña un seguro mínimo para a xente que está traballando sen bolsa, negociación cos sindicatos para conseguir que inclúan aos contratados no convenio colectivo do PDI,… Comenta que son cousas pequenas que se poden ir facendo se hai xente e que hai algunhas das que nos beneficiaremos directamente e outras das que se beneficiarán os que veñan detrás.

    Ana e Victor comentan a oportunidade de que alguén colla agora o relevo na asociación xa que os máis veteranos van ter que ir deixando cousiñas (por post-docs, estancias,…) e agora están eles para axudar no principio e dar os contactos e os coñecemtnso que teñen. Ademais coméntase o perxudicial que podería ser un tempo medianamente longo de inactividade de cara aos medios ou a que se nos teña en conta no diálogo coas institucións.

    Xosé comenta que o conseguiu foi a base de non deixar que se esquecesen de nós e que é importante que esteamos en lugares como o Consello de Goberno.

    Dáselle á palabra á xente que asiste por primeira vez á asemblea para que comenten os problemas que observan que poidan ser a causa das baixa incorporación de xente na última tempada.

    Julia comenta que non hai unha información clara e suficiente da asociación e que a imaxe que se dá pode ser demasiado reivindicativa, que sería mellor dar unha imaxe de apoio aos investigadores en formación. Comenta ademais que podería haber dúas listas de correo, unha para información e outra para traballo.

    Beata comenta a experiencia que tivo de intentar mobilizar aos FPUs por unha cuestión de retrasos nos pagos e a baixa resposta que obtivo. A asociación coñeceuna durante ese proceso por medio de Natalia. Con isto comenta falta de información sobre a asociación xa que non a coñecera ata ese momento.Comenta tamén que a páxina web non é facil e que sería importante que tamén estivese en castelán para a xente que ven de fóra a facer aquí o doutoramento.

    Ester comenta que ela si que coñecía a asociación pero que lle dera medo a que lle consumise demasiado tempo e que quizais era tamén unha cuestión de insolidaridade.

    Xosé comenta, con respecto ao do tempo, que cada un ten que ver ata onde pode facer e que moitas veces só se precisa unha opinión, algún comentario, aportas no que se lle vai a dicir a alguén co que nos imos reunir.

    Julia pideque se comente cales son esas frontes abertas das que se falou.

    Xosé: contacto cos sindicatos (sobre todo agora que moitos de nós formamos parte do persoal laboral) para coordinar accións e sobre todo para que nos teñan en conta, representación nas comisións delegadas das universidades (neste momento estase na USC) , o traballo coa Xunta de Galicia (coméntase que houbo contactos fluídos para a elaboración do PGIDI e outro menos fluídos con algunha outra dirección xeral), conseguir que as datas das convocatorias cadren … En xeral, moitas veces, o que fai falla é xente que “empapele” algún centro con información e convocatorias para reunións e actos e un dos problemas que temos en Galicia é que falta xente noutras unversidades e centros de investigación diferentes da USC (hai unha persoa na UdC, outra na UV, outra no Instituto de Investigacións Marinas), o que dificulta chegar aos investigadores deses centros.

    Coméntase que fai falla máis publicidade, que entre máis polo ollos.

    Julia comenta que quizais sería mellor ourto método diferente dos carteis, como un correo directo a todos os investigadores en formación.

    Debátese un pouco sobre o tema de adicarnos máis ao apoio e a información da xente e Julia comenta o caso da asociación que tiñan en Francia, polo menos en primeira instancia, para que logo a xente se anime a participar.

    Remátase o tempo dispoñible para a asemblea e acórdase deixar un par de meses para ir sacando ideas con cousas que hai que facer e propostas para chegar a máis xente. Logo dese par de meses farase unha nova asemblea na que se decidirá a continuidade da asociación e se fará a renovación de cargos na Xunta de Representantes e a planificación de actividades a partires de ese momento. Polo de pronto reactívase a actividade normal da asociación.

  2. Renovación de cargos da Xunta de Representantes.

    Posponse ata a asemblea que se celebrará antes do verán e queda como Xunta Xestora a Xunta de Representantes anterior.


Pódese seguir as respostas a esta entrada a través da subscripción RSS 2.0. Podes deixar un comentarios, ou facer un trackback dende o teu propio sitio.

Deixe unha resposta