Precarios Galicia organiza unha campaña de bombardeo de emails ante a nova campaña da Dirección Xeral de Xuventude denunciando a precariedade laboral

Onte case me cae a comida o chan, porque estaba lendo o xornal e batín co anuncio da Dirección Xeral de Mocidade que vos adxunto, co lema “Precarios non. Preparados” e un bonito texto de denuncia da
precariedade laboral.

PROPOÑO que cada un de nós envíe un mail ó enderezo de correo electrónico que teñen para recibir denuncias (preparadosi@…) denunciando a súa situación persoal. Algo do tipo:

“Son Fulaniño de tal e a miña empresa non paga por min seguridade social, non me dá dereitos sociais, non teño ningún tipo de dereitos laborais (vacacións, permisos, xornada regulada,…). En resumo, estou na economía somerxida. Traballo: investigador. Lugar de traballo: **** [p.ex. Universidade de Santiago de Compostela]. Entidade financiadora: **** [p.ex. Xunta de Galicia]“.

A ver se así a Vicepresidencia se decata da situación na que estamos e decide tomar medidas serias desde xa!

E tamén creo que a asociación debera enviar unha nota de prensa a este respecto, ou unha carta ó director.

Texto orixinal públicado por Xosé Afonso Álvarez Pérez na lista de distribución de Precarios-Galicia.


Pódese seguir as respostas a esta entrada a través da subscripción RSS 2.0. Podes deixar un comentarios, ou facer un trackback dende o teu propio sitio.

Deixe unha resposta