Investigar: Qué debes saber?

A Asociación Precarios-Galicia ofrece, como nos últimos anos, unhas charlas sobre a investigación destinadas a alumnos dos últimos anos de carreira e a investigadores en fase inicial da Universidade de Santiago de Compostela. No mes de maio de 2006 faranse charlas nas Universidades da Coruñaa e Vigo.

Cartel das charlas Qué debes saber?

Nestas conferencias-coloquio haberá información de primeira man sobre temas como:

  • Doutoramento: forma de acceso, cómo financialo,…
  • Saídas profesionais.
  • A adaptación ó Espazo Europeo de Educación Superior. O Tratado de Boloña.
  • O novo Estatuto do Persoal Investigador en Formación.
  • …..

Estas charlas terán lugar nos campus de Santiago e Lugo nas seguintes horas e lugares:

  • Facultade de Bioloxía. Mércores, 5 de abril, ás 19:00. Aula 1.
  • Facultade de Química. Xoves, 6 de abril, ás 19:00. Aula 2.11.
  • Facultade de Veterinaria. Xoves, 20 de abril, ás 17:00. Aula 6.
  • Facultade de Medicina. Luns, 24 de abril, ás 19:00. Aula Castelao.

Colaboran: Vicerreitoría de Investigación e Innovación e da Vicerreitoría de Estudantes e Relacións Institucionais da Universidade de Santiago de Compostela.

(Poden descargar aquí o cartel das charlas en formato pdf)


Pódese seguir as respostas a esta entrada a través da subscripción RSS 2.0. Podes deixar un comentarios, ou facer un trackback dende o teu propio sitio.

Deixe unha resposta