Asemblea extraordinaria de Precarios Galicia en Bioloxía (USC).

Orde do día

Ola a todos/as!

O vindeiro día 19 de setembro as 19:30h, celebrarase en Santiago de Compostela a asamblea de Precarios Galicia. O punto de encontro serán as escaleiras da facultade de Bioloxía, e celebraremos a asamblea na cafetería de Matemáticas-Bioloxía.

Nela trataranse os seguintes temas:

  1. Informe de actividades de Precarios Galicia
  2. Renovación da Xunta de Representantes, así como dos representantes perante a FJI
  3. Planificación das actividades de Precarios Galicia nos vindeiros meses

    1. Actividades para o novo curso: captación de socios, charlas, Jornadas Madrid 2006, venda de axendas e camisetas.
    2. Reunións co novo goberno: reinvidicacións, obxectivos, etc.
    3. Convenio do PDI laboral: contacto con sindicatos e estratexias.
  4. Asamblea da FJI de Málaga.

    1. Posición de Precarios Galicia fronte a reforma do reglamento.
    2. Estratexias: EPIF, PL andaluza, PL FJI, etc.

Esperamos a tua participación.

Un saúdo.

Ana Canda Sánchez (Presidenta de Precarios Galicia)
Elena Corredoira (Secretaria de Precarios Galicia)

Resumo

  • Informe de actividades de Precarios Galicia. Poco ha habido que contar aquí, básicamente las charlas a los alumnos, que este año fueron 4 en Santiago. La reunión con el BNG y los contactos con CCOO.
  • Renovación da Xunta de Representantes, así como dos representantes perante a FJI.

    • Presidente: Victor Olmos (Santiago de Compostela)
    • Vicepresidente: Xosé Álvarez (Santiago de Compostela)
    • Secretaria: Elena Corredoira (Santiago de Compostela)
    • Tesorera: Lidia Martínez (Vigo)
    • Vocal: Jorge Pérez (Santiago de Compostela)
    • Representantes: Xosé Álvarez y Ana Canda (Santiago de Compostela)
  • Actividades nos vindeiros meses:

    • Charlas para os alumnos: temos contactos para facelas en Coruña e en Vigo, ademáis de Santiago. Encargados: Xosé e Ana.
    • Venda de axendas e camisetas: tentaremos conseguir en Málaga camisetas pequenas (que non quedan) e traeremos unhas 50 axendas para vender (sobre 10€ calculo, como precio final). Valoramos vendelas nas charlas para os rapaces.
    • Captación de socios. Non temos moi claro como chegar á xente e que se implique (nisto poderiades axudar os que estades inscritos nesta lista pero non participades)
  • Reunións co goberno: estamos á espera, podemos chamar ou mandar outra carta se, nun tempo prudencial, non temos novas.
  • Convenio: fai falla xente, son 4 sindicatos en 3 universidades. Ademáis de que o mellor hai que reunirse coas unis. Ana volverá falar co seu contacto de CCOO pero a opinión xeral e de que fai falla facer presión en todos os frentes.
  • Asamblea de Málaga. Van Xosé e Ana. Trataranse os temas do EPIF como estrela. Ademáis da reforma do reglamento.(FAI FALLA A VOSA OPINIÓN, ACEPTAMOS OU NON O CAMBIO NO REGLAMENTO SOBRE MOCIÓNS, E REPROBACIÓNS??? O TEXTO CHEGOU HOXE)
  • Estratexia:

    • EPIF: non cumple o pacto pola obligatoriedade, Precarios Galicia quere que se vaia a reunión do 26, que se lles diga así non, e que haxa movilizacións: manifa en Madrid e presencia en Oviedo simbólica (darlle o principiño un mono laranxa precario). Foi un punto concurrente considerar o texto como unha tomadura de pelo aproveitar o cabreo xeralizado pola falta de vontade e de capacidade de telo listo para xaneiro. Apostamos a que non vai a estar.
    • PL andaluza: tal e como está agora, deixala. Pode ser un punto para a obligatoriedade.
    • Promover a PL FJI tanto como poidamos.

Pódese seguir as respostas a esta entrada a través da subscripción RSS 2.0. Podes deixar un comentarios, ou facer un trackback dende o teu propio sitio.

Deixe unha resposta