Convocatoria de Asemblea Xeral Extraordinaria de Precarios-Galicia

Convócase ós socios de Precarios-Galicia á próxima Asemblea Xeral Extraordinaria, coa seguinte orde do día:

  1. Discusión e aprobación se procede do informe anual da Xunta de Representantes.
  2. 2.- Elección da nova Xunta de Representantes

Día: MARTES 10 de xullo de 2001

Hora: 20:00

Lugar: Salón de actos do IIAG (CSIC, detrás de Químicas), Santiago

Notas:

  • Haberá reunións en Vigo (29 de xuño ás 13:00 na aula 20 da Facultade de Ciencias) e Coruña (por confirmar) para a preparación da Asemblea.
  • Unha semana antes da Asemblea publicarase na páxina web da asociación (www.precariosgalicia.org) o informe anual da Xunta de Representantes.
  • Só 50 dos 189 socios inscritos pagaron a súa cota (1000 pesetas). Pódese pagar nas asembleas ou facer o ingreso na conta 2091-0378-10-3040006162 de Caixa Galicia. Debes de indicar no concepto “cota” (di que queres que o banco nos mande a nós o xustificante de ingreso).
  • Se queres estar informado día-a-día de todo apúntate á lista de discusión de Precarios-Galicia.

Carta da convocatoria

Santiago, a 26 de xuño de 2001

Estimado socio/a:

Logo de un ano andaina de Precarios-Galicia chega o momento de renovar a Xunta de Representantes e facer balance do camiño percorrido.

Ós actuais membros da Xunta de Representantes non nos imos presentar á reelección. Coidamos que para que o proxecto de Precarios-Galicia poida ter continuidade é imprescindible que nova xente se molle implicándose, ben na Xunta de Representantes, ben nunha comisión.

O obxectivo de dignificar o traballo dos investigadores e técnicos novos é claro e ilusionante. Pero tamén temos a certeza de que as “pequenas e grandes batallas” se ganan (se están a ganar) pola implicación cotiá (maior ou menor, pero implicación ó fin e cabo) de cada un dos afectados. Por eso queremos pedirte dúas cousas moi sinxelas:

  • Que poñas nun lugar visible no teu centro de traballo o póster que te achegamos
  • Que difundas a asociación entre aqueles investigadores/técnicos que levan pouco tempo no teu centro de traballo e aínda non nos coñecen (podes invitalos a un café, reunilos,… ti saberás)

Gracias pola túa colaboración.

Manuel Vicente García
Xunta de Representantes de Precarios-Galicia

Informe anual


Pódese seguir as respostas a esta entrada a través da subscripción RSS 2.0. Podes deixar un comentarios, ou facer un trackback dende o teu propio sitio.

Deixe unha resposta